Somos unha academia de cómic e debuxo dirixida por Iago Araujo e María vilar, fundada en 2010 como Clases Cómic Vigo e renomeada como KAME en 2023.
As clases son para persoas de todas as idades, independentemente do nivel de debuxo. Pódese vir a:
— Aprender dende cero.
— Practicar e mellorar en xeral: deseño de personaxes, anatomía, perspectiva, cor tradicional, debuxo dixital, narrativa etc.
— Desenvolver un proxecto concreto: un cómic, un libro ilustrado, un porfolio, un concept para animación ou videoxogos etc.
Especializámonos na ensinanza personalizada e adaptámonos ao estilo e ás necesidades de cadaquén. Para garantir a atención constante, hai un máximo de 10 persoas por grupo e María e Iago estamos xuntos en todos os horarios.
www.kamecomic.com
Antes de empezar…
Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar la navegación por la web, mejorar nuestro marketing y publicidad, y optimizar la experiencia de usuario. Más información aquí.